Concello de Narón
Novas
PRESENTACIÓN DO VII TROFEO 'CIDADE DE NARÓN' DE FÚTBOL SALA
Dispútase os días 11 e 12 de abril no pavillón de A Gándara, coa participación da Selección Nacional de Vietnam, O Parrulo, O Esteo de As Pontes e o Cidade de Narón.
Narón, 8 de Abril de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o presidente do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, Ramón Padín, presentaron hoxe en rolda de prensa o VII Trofeo Cidade de Narón de Fútbol Sala, que se disputará no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara os días 11 e 12 de abril. Trátase dun torneo cuadrangular no que participarán a Selección Nacional de Vietnam, O Parrulo (Ferrol), O Esteo (As Pontes) e o Cidade de Narón. Os partidos disputaranse nesta orde: VENRES 11 DE ABRIL 19:00 horas: Selección Nacional de Vietnam - O Esteo de As Pontes 21:15 horas: O Parrulo Ferrol – Cidade de Narón SÁBADO 12 DE ABRIL 17:00 horas: Partido polo 3º e 4º posto (xogarán os equipos perdedores dos partidos do venres) 19:15 horas: Partido polo 1º e o 2º posto (xogarán os equipos gañadores dos partidos do venres) Para facilitar a asistencia dun maior número de persoas, os organizadores teñen establecido un prezo único de 5 € para a entrada diaria, o que permite ver dous partidos por xornada. “Queremos que acuda a maior cantidade de xente posible”, sinalou Ramón Padín, quen agradeceu ó Concello de Narón “a súa disposición a colaborar e o esforzo que fai para que este trofeo sexa unha realidade xa que sen o apoio institucional sería imposible organizalo” engadiu. O Alcalde de Narón recalcou a importancia deste torneo “que cada ano resulta emblemático. Sempre houbo un equipo punteiro neste trofeo e este ano redondéase coa presenza, xunto ós mellores equipos da bisbarra, da Selección Nacional de Vietnam” sinalou José Manuel Blanco. Na rolda de prensa de hoxe tamén estiveron presentes Tomás Llao (director deportivo do Cidade de Narón), Fran Fernández e Juan Rodríguez (presidente e vicepresidente de O Esteo de As Pontes), Begoña López (delegada de O Parrulo) e Beatriz Leira (representante da Selección Nacional de Vietnam).
www.naron.es