Concello de Narón
Novas
O XIII TROFEO DE BAILE DEPORTIVO 'CIDADE DE NARÓN' REUNIRÁ A 200 PARELLAS DE BAILE DE TODA GALICIA
Dispútase o domingo 13 de abril, no Pavillón Polideportivo de A Gándara, de 11 a 21 horas.
Narón, 11 de Abril de 2014.- O Club de Baile Deportivo (CBD) Narón, en colaboración co Padroado de Deportes e a Concellería de Mocidade, organizan o domingo 13 de abril o XIII Trofeo de Baile Deportivo ‘Cidade de Narón’ no que participarán 200 parellas de baile de toda Galicia (a metade delas proceden do CBD Narón). No marco do mesmo evento, celebrarase tamén o Campionato Galego de Bailes Latinos. A organización ten establecidas tódalas categorías de participación, dende a iniciación ata as categorías máis altas, dotando de premios (1º, 2º e 3º) a cada unha delas. As idades dos/as participantes irán dende os 4 anos en adiante. Dada a alta demanda de participación rexistrada, os organizadores desdobrarán a pista do Pavillón Polideportivo Municipal de A Gándara -onde se celebrará o evento- nunha parte do campionato. O Trofeo se disputará de 11 a 21 horas, de xeito ininterrumpido. Haberá un aforo limitado de 1.000 localidades, e as entradas estan xa á venta nas taquillas do Pazo da Cultura ó prezo de 6€ para adultos e 3€ para menores de 14 anos. O mesmo día da competición tamén poderán adquirirse na taquilla do Pavillón de A Gándara.
www.naron.es