Concello de Narón
Novas
O ALCALDE RECIBE Ó XOGADOR DE PÁDEL CHICO GOMES, NÚMERO 21 NO RANKING DO WORLD PADEL TOUR
Acudíu a Narón para realizar un Clínic no PadelMar Sports Center, en Río do Pozo.
Narón, 9 de Maio de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, recibiron hoxe na Alcaldía ó xogador de Pádel Francisco de Paula Nunes Gomes, coñecido coma “Chico Gomes”, actualmente número 21 no ranking do World Padel Tour. A súa presenza en Narón débese á participación nun Clinic que terá lugar en PadelMar Sports Center (Río do Pozo) na tarde de hoxe, no cal ensinará a súa técnica deportiva ós asistentes a este evento. O rexedor naronés felicitou ó deportista por ter chegado ó máis alto, e desexoulle unha agradable estancia en Narón, entregándolle diferentes agasallos institucionais. Entre eles, o vídeo turístico “Narón, a cidade que queremos” no que se recollen a historia e as características principais do municipio. O vídeo está dispoñible en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Chico Gomes foi número 1 en Brasil durante os anos 2004 e 2005, e formou parte da Selección Brasileña de Pádel en tres campionatos mundiais (celebrados entre 2004 e 2007). Conseguiu ser subcampeón do mundo por equipos con Brasil, e chegou a ocupar o número 8 no World Padel Tour (WPT), conservando na actualidade o número 21 neste ranking mundial. Dentro dos torneos do WPT, foi subcampeón en Palma de Mallorca (2011) e semifinalista en A Coruña (2013) e Valladolid (2008), chegando ademáis a varios cuartos de finais no Campionato do Mundo do ano 2007.
www.naron.es