Concello de Narón
Novas
O COMPLEXO POLIDEPORTIVO DE A GÁNDARA ACOLLERÁ O 21º TROFEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN
Haberá tres categorías de base: alevín mixto, cadete feminino e infantil masculino. Participarán o Club Balonmán Camariñas, Balonmán Compañía de María e Club Balonmán Narón.
Narón, 12 de Maio de 2014.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá o sábado 17 de maio o XXI Trofeo de Balonmán ‘Cidade de Narón’ nas categorías de base. O evento deportivo foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes (Natalia Hermida) e a directiva do Club Balonmán Narón (José Oreona –presidente-, Laura Barrio –vicepresidenta- e José Luis Martínez –Secretario-). Está prevista a participación de tres clubs de Balonmán: -Club Balonmán Camariñas -Balonmán Compañía de María (Ferrol) -Club Balonmán Narón Trátase dun torneo de deporte base, no que se teñen establecido tres categorías: -Alevín mixto (xogarán de 15:30 a 17:30 horas) -Cadete feminino (de 17:30 a 19:00 horas) -Infantil masculino (de 19:00 en adiante) Ó finalizar celebrarase a entrega de trofeos. Este evento está organizado por vixésimo primeiro ano consecutivo polo Club Balonmán Narón, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. A edil da área, Natalia Hermida, agradeceu á directiva da entidade o traballo que realizan para sacar adiante este trofeo, e valorou os bos resultados acadados polo club grazas ós cales se conseguiu recuperar o equipo Senior masculino, despois de dous anos sen él. Ademáis, cabe destacar que o equipo Infantil masculino atópase en promoción de ascenso para a División de Honor.
www.naron.es