Concello de Narón
Novas
O EQUIPO DE FÚTBOL SALA ALEVÍN "CIDADE DE NARÓN" GAÑA O CAMPIONATO DE ESPAÑA NA SÚA CATEGORÍA
Narón, 10 de Xuño de 2010.- A Sala de Reunións do Concello de Narón recibíu de novo ós 11 xogadores da categoría alevín do clube de fútbol sala Cidade de Narón, que veñen de gañar o campionato de España. Con motivo de tal hazaña, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, recibiunos onte acompañado da Concelleira de Deportes, Natalia Hermida. Ambos felicitaron de novo ós rapaces, por levar o nome deste municipio tan lonxe e por facer historia no deporte local a pesares da súa xuventude (os xogadores teñen 12 anos de idade). Os representantes municipais obsequiaron ós xogadores cunhas pracas de felicitación polos logros acadados. Á recepción tamén asistiron o presidente do Cidade de Narón, Miguel Rodríguez Aneiros, e os entrenadores Abel Muíño e Tina Piñon.
www.naron.es