Concello de Narón
Novas
O RALLYE DE NARÓN CELEBRA A SÚA 23ª EDICIÓN DO 11 Ó 13 DE XUÑO
Narón, 3 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, fixo hoxe un chamamento público ós espectadores do 23º Rallye de Narón que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xuño coa participación de 131 pilotos. “Queremos que veña moito público pero tamén que se cumplan as recomendacións e medidas de seguridade da organización, para non ter que lamentar accidentes”, declarou. Para que todo discurra con normalidade, un equipo formado por 212 persoas encargaranse do operativo. A 23ª edición do Rallye de Narón discurrirá polos municipios de Cerdido, Moeche, San Sadurniño, As Somozas, A Capela e Narón cun total de 371,300 kilómetros. 90 deles corresponden a 8 tramos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico. Pola súa banda, a Concelleira de Deportes agradeceu o esforzo que está a facer o Sirocco Team Narón, organizador deste evento, ó que tamén felicitou o Alcalde por ter organizado esta proba durante 23 anos consecutivos.
www.naron.es