Concello de Narón
Novas
O CONCELLO FIRMA CATRO CONVENIOS DEPORTIVOS PARA O FOMENTO DO ATLETISMO, BALONMÁN, TIRO CON ARCO, E GOLF
Narón, 5 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asinou hoxe outros catro convenios con entidades deportivas para o fomento do deporte local. En conxunto, o Concello destinará a estos catro clubes un total de 114.000 euros. As entidades que hoxe firmaron os convenios son as seguintes: -Club Atletismo Sierra Narón (26.000 euros). Presidenta: Antonia Romero. -Club Balonmán Narón (28.000 euros). Presidente: Paulino Rojo. -Club Arco Narón (25.000 euros). Presidente: Anxo Grandal. -Club Golf Campomar (35.000 euros). Presidente: Luis Sierra. Logo de rubricar os acordos, o Alcalde de Narón lembrou que o Concello ten feito un enorme esforzo para manter a aportación ós clubes durante este ano 2010, que ascende a 532.000 euros e se materializa en 15 convenios deportivos. Ademáis, Jose Manuel Blanco apuntou que nos Orzamentos deste ano figura 1.600.000 euros adicados a actividades e escolas deportivas municipais. “Queremos seguir nesa liña, porque estamos decididos a manter a calidade de vida dos veciños e veciñas de Narón”, declarou. Pola súa banda, a Concelleira de Deportes destacou as dificultades económicas que está a pasar o Concello debido á crise económica que está a sufrir o país. “Estamos adaptándonos a esta situación, e agradecemos o esforzo que están a facer os clubes neste sentido”, declarou. O presidente do Club de Golf Campomar, Luis Sierra, agradeceu ó Concello a colaboración que está a prestar en momentos difíciles coma ésta “xa que para nos sería moi difícil continuar sen este apoio”, declarou. Tamén o presidente do Club Arco Narón valorou a “axuda inestimable do Concello, porque doutro xeito non sería posible continuar co noso traballo”, asegurou Anxo Grandal.
www.naron.es