Concello de Narón
Novas
A CONCELLERÍA DE DEPORTES ORGANIZA UN CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS E ESPAZOS NATURAIS
Narón, 29 de Marzo de 2010.- A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, abrirá mañá 30 de marzo o prazo de inscripción para participar no I Curso de Socorrista en instalacións acuáticas e en espazos acuáticos naturais. Os interesados deberán entregar tódala documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello entre mañá e o venres 9 de abril. (Poden recabar tódala información necesaria, así coma descargar o impreso de inscripción, na páxina web municipal www.naron.es) Para realizar este curso tense firmado un convenio de colaboración coa Universidade de A Coruña, cuxos docentes serán os encargados de impartilo. É imprescindible que o número de inscritos sexa como mínimo de 20 persoas. E para evitar a devolución do importe da matrícula en caso de non cubrir este número de prazas, as inscripcións se realizarán do seguinte xeito: 1º Os interesados cubrirán a correspondente ficha de inscripción, seleccionando no recadro o tipo de curso que desexan realizar (ofértanse tres modalidades: socorrismo en instalacións acuáticas, socorrismo en espazos acuáticos naturais, ou ben ambos). Deberán entregala no Rexistro do Concello. 2º Tódolos seleccionados serán chamados telefonicamente o último día de inscripción (9 de abril) para comunicarlles que deben facer o ingreso bancario da matrícula o luns 12 ou martes 13 de abril. En caso de que os inscritos superen o número de prazas do curso, se adxudicarán por riguroso orde de inscripción. O resgardo do ingreso bancario deberá achegarse xunto co resto da documentación requerida para a matrícula ese mesmo día (12 ou 13 de abril) nas oficiñas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara. Nese momento se informará do inicio do curso, tendo en conta que a súa duración será aproximadamente de 2 meses. A información sobre o curso tamén pode solicitarse no Rexistro Xeral do Concello, que funciona de 8:30 a 13:30 horas.
www.naron.es