Concello de Narón
Novas
INAUGURACIÓN DOS NOVOS VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL DE O CADAVAL
Narón, 6 de Novembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inaugurou hoxe os novos vestiarios do Campo de Fútbol de O Cadaval, onde entrenan os 215 nenos e nenas da escola municipal de fútbol. As novas instalacións foron construidas nunha superficie de 363 metros cadrados, sobre os que se realizaron catro vestiarios (coas súas correspondentes duchas, lavabos, cartos de aseo, e taquillas) ademáis dun vestiario para os árbitros, un aseo para o público, e un pequeno ambigú. O Concello destinou un total de 213.000 euros de fondos municipais á construcción das novas instalacións. O rexedor destacou o cambio importante que está a producirse en Narón nestos últimos tempos, nos que se está dotando ó municipio de novas instalacións e servizos públicos. “Este é un paso máis para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, declarou. Pola súa banda, a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, engadiu que o Concello continúa na súa labor de manter e apoiar o deporte de base, con iniciativas coma a de hoxe. “Queremos seguir esa política, porque o deporte é fundamental para ter unha poboación sana e con boas costumes”, dixo. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, explicou que resulta importante dotar ós nenos da Escola Municipal de Fútbol dunhas instalacións axeitadas para desenvolver o seu deporte. Ademáis, agradeceu ó Narón Balompé o seu traballo nas escolas deportivas municipais, que o levou a duplicar este ano o seu número de socios, pasando dos 100 nenos ós 215.
www.naron.es