Concello de Narón
Novas
O CONCELLO PRESENTA O PRIMEIRO SKATEPARK DA COMARCA, PENSADO PARA OS DEPORTISTAS DE SKATE
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, ven de anunciar en rolda de prensa a construcción dun Skatepark detrás do edificio da Casa da Mocidade, en A Gándara. “Esta iniciativa é froito do interés do goberno por facer un Narón máis amable e habitable, con maior calidade de vida para todos, e creemos que vai ser recibido con moita alegría por parte da xente xoven”, sinalou a edil. A idea xurde logo de escoitar a colectivos de rapaces, interesados na construcción dun espazo público destas características, inexistente ata o de agora. As obras para a creación do skatepark comenzarán neste mes e se realizarán sobre unha superficie de 30x20 metros, o que se traduce nunha plataforma de 600 m2 de hormigón polimérico. “É un dos mellores materiais para patinar”, sinalou a Concelleira de Deportes. O skatepark se diseñará para usuarios de tódolos niveis, dende skaters ata rollers e bikers, onde poderán realizar os seus mellores trucos. Constará dunha liña de dous quarters de 1,6 metros e outros dous de 1,2 metros de altura que impulsarán ó patinador sobre un Curb-Ditcha con un Fun-Box no medio, ademáis dun divertido Rail para grindar nun dos laterais. No outro extremo, para completar o circuito se montará un Table-Bank formado por planos inclinados de 1,6 metros de altura. A creación do Skatepark ten un orzamento de 80.000 euros, e se financiará con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local (Plan E), dentro da obra denominada “Acondicionamento da travesía Bispo Argaia e entorno da Casa da Mocidade”.
www.naron.es