Concello de Narón
Novas
O CONCELLO PROGRAMA SESIÓNS DE IOGA E PILATES NOS PARQUES DE FREIXEIRO E XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
O edil de Deportes, José Oreona, anunciou a apertura do prazo de preinscrición para formar os diferentes grupos
Narón, 9 de xuño de 2022. O concelleiro de Deportes, José Oreona, informou que dende o Padroado de Deportes se convocarán de novo este verán sesións de ioga e pilates ao aire libre. As actividades levaranse a cabo nos parques de Freixeiro e Xuvia, tal e como indicou o edil, que avanzou que se dirixen a maiores de 16 anos e que se formarán grupos dun máximo de quince usuarias ou usuarios, sendo preciso un mínimo de sete inscritos para poder realizala. As sesións programáronse de luns a xoves en horario de mañá. No caso do parque de Freixeiro os luns e mércores de 9.00 a 11.00 –en dúas sesións dunha hora cada unha- impartirase pilates e os martes e xoves ioga. No parque de Xuvia haberá ioga os luns e mércores e pilates os martes e xoves, tamén de 9.00 a 11.00. O prezo é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros por persoa ao mes. As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla. As preinscicións poden realizarse chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 ou 2505), de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 e tamén nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara.
www.naron.es