Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE ADESTRADORES DE SURF
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol convoca a acción formativa xunto coa Deputación da Coruña e a Federación Galega de Surf
Narón, a 18 de outubro de 2022. Dende a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, informaron de que un ano máis, coa colaboración da Deputación da Coruña e a través da Federación Galega de Surf, convocan un curso de adestradores de surf, de grande interese tendo en conta a crecente demanda de profesionais neste ámbito. O curso resérvase a persoas empadroadas nos concellos integrantes do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. O prazo de presentación de instancias por rexistro remata o xoves día 20 (os interesados dispoñen de máis tempo para achegar a documentación preceptiva). En total ofértanse quince prazas. As persoas interesadas poden consultar toda a información neste enlace: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/2022/10/11/convocatoria-de-curso-de -adestrador-a-de-surf-2022/
www.naron.es