Concello de Narón
Novas
O POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XXIX TORNEO CIDADE DE NARÓN DE BALONMÁN"
O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou a convocatoria xunto con Alejandro Basoa e Paula Foces, presidente e vicepresidenta respectivamente do Club Balonmán Narón,
Narón, 24 de maio de 2023. O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou esta mañá con Alejandro Basoa e Paula Foces, presidente e vicepresidenta respectivamente do Club Balonmán Narón, o “XXIX Torneo de Balonmán Cidade de Narón”. O evento terá lugar este sábado, día 27, no pavillón polideportivo da Gándara, en horario de mañá e tarde, tal e como avanzou Oreona, que animou á cidadanía a acudir a esta cita deportiva, na que participarán máis de deportistas procedentes de cinco clubs. O torneo dará comezo ás 10.00 horas cos partidos da categoría alevín mixto, para continuar ás 12.45 cos de xuvenil masculino. Participarán ademais do equipo anfitrión, o Balonmán Narón, o Tirso de Molina, de Ferrol; o Pontedeume; o Xallas, de Santa Comba, e o Brigantium, da Coruña. Pola tarde retomarase a competición ás 16.30 horas, cos equipos sénior feminino, para continuar ás 18.45 cos sénior masculino. O concelleiro de Deportes naronés animou á cidadanía a acudir á convocatoria para apoiar aos deportistas, desexando éxitos nesta nova edición do torneo aos do Club Balonmán Narón, entidade da que destacaou o traballo que realiza ao longo do ano.
www.naron.es