Concello de Narón
Novas
O PADROADO DE DEPORTES ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA QUE CLUBS E ENTIDADES SOLICITEN O ALUGAMENTO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
O concelleiro en funcións de Deportes, José Oreona, recordou que o prazo para presentar as solicitudes rematará o 23 de xuño
Narón, 31 de maio de 2023. O concelleiro de Deportes en funcións, José Oreona informou da apertura, mañá, do prazo para solicitar o alugamento para uso das instalacións deportivas –adestramentos e partidos oficiais- na tempada 2023/2024. O edil indicou que se poderán solicitar ata o día 23 deste mes a través do Rexistro xeral do Concello, no Rexistro auxiliar de Deportes ou a través da Sede Electrónica de Narón. As entidades e clubs deportivos deben presentar unha solicitude por cada unha das instalacións municipais que desexen utilizar na vindeira tempada, para poder ter acceso ás mesmas a partir de setembro, e os días de comezo poderán ser diferentes en cada unha delas en función da súa dispoñibilidade. Os clubs e as entidades deportivas que asinan anualmente convenios de colaboración co Concello deben presentar tamén as súas solicitudes, podendo manter os horarios que empregaban na anterior tempada ou modificalos no caso de que o precisen. Dende o Padroado de Deportes recordouse que as instalacións que se poden alugar son as do Complexo polideportivo municipal da Gándara, pavillóns das Lagoas, Campo da Serra, A Solaina, Piñeiros, Castro, Sedes O Val, pavillón da Mocidade, ximnasio do complexo polideportivo da Gándara, Estadio de Río Seco, campos de herba artificial do Val e do Cadaval, campo de fútbol de San Mateo, pistas de atletismo e outras instalacións deportivas. Os impresos para realizar os trámites que permitan alugar as instalacións municipais poden retirarse nas oficinas do Complexo polideportivo municipal da Gándara ou a través do enlace: https://www.padroadodeportesnaron.com/web/docs/modelo-solicitud-instalacions-deportivas-modif.pdf.
www.naron.es