Concello de Narón
Novas
REABERTAS PARA O NADO LIBRE A PISCINA GRANDE E A TERAPÉUTICA DO COMPLEXO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DA GÁNDARA
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, avanzou que as instalacións estarán operativas ata o 28 de xullo
Narón, 4 de xullo de 2023. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, anunciou a reapertura da piscina grande e a terapéutica do complexo polideportivo municipal da Gándara para o nado libre. As instalacións permanecerán operativas nesta modalidade ata vindeiro 28 de xullo, de luns a venres en horario de 8.00 a 13.15 horas, tal e como indicou o edil naronés. As persoas que o desexen poderán adquirir o bono a entrada nas oficinas das instalacións ou utilizar os bonos no momento do acceso, no caso dos abonados. O vindeiro mes de agosto, tal e como se fixo en anteriores anos, as citadas instalacións permanecerán pechadas ao público para realizar as pertinentes tarefas de mantemento, segundo avanzou Santalla.
www.naron.es