Concello de Narón
Novas
O EDIL DE DEPORTES REUNIUSE CON INTEGRANTES DO CLUB DE PIRAGÜISMO NARÓN QUE PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO
O edil de Deportes, Ibán Santalla, conversou cos deportistas locais, aos que desexou moita sorte neste evento
Narón, 28 de xullo de 2023. O edil de Deportes, Ibán Santalla, reuniuse con integrantes do Club de Piragüismo Narón, que participarán mañá e o domingo nas finais do “LIV Campionato de España d Sprint de Jóvenes Promesas Infantil e Cadete”. A cita deportiva, cuxas clasificatorias son esta tarde, terá lugar no embalse de Trasona (Avilés, Asturias) e está organizada pola Federación Española de Piragüismo, e no mesmo participarán un milleiro de deportistas procedentes de mais dun centenar de clubs nacionais. O presidente do Club de Piragüismo Narón, Óscar Niebla, explicou que na modalidade de K1 representarán á cidade Yeray Niebla e Nerea Lema, mentres que en K2 farán o propio Yago Álvarez e Iván Pedreira. Os dous últimos competirán tamén na modalidade K4 con John Roca e Santiago Izquierdo. Dende o club local agradeceron a colaboración do Concello de Narón coa entidade en particular e co mundo do deporte en xeral. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes destacou o labor e os éxitos acadados polos deportistas locais e desexou moita sortea os piragüistas que participarán esta fin de semana no citado campionato. “É un orgullo ver como a nosa cidade está representada en citas como este campionato por rapazas e rapaces que darán o mellor de si e que ogallá acaden un bo resultado”, asegurou Santalla.
www.naron.es