Concello de Narón
Novas
A PISCINA POLIVALENTE E A TERAPÉUTICA DO COMPLEXO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁN O VINDEIRO LUNS PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recordou que as instalacións estarán operativas de luns a domingo
Narón, 16 de setembro de 2023. O Concello reabrirá o vindeiro luns, día 18, a piscina polivalente do complexo polideportivo municipal da Gándara para nado libre. As instalacións permanecerán abertas de luns a domingo, tal e como indicou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que explicou que novamente este ano se aproveitou o parón realizado para levar a cabo tarefas de mantemento. De luns a venres a piscina estará aberta para nado libre de 7.45 a 14.00 –en quendas de 45 minutos- e polas tardes, de 15.15 a 22.15 horas, tamén en quendas de minutos. Nas xornadas dos sábados e domingos poderase acudir ás sesións de nado libre en horario de mañá e tarde, nas quendas establecidas entre as 8.30 e as 20.30 horas –en quendas de 45 minutos-. O edil naronés recordou que tamén reabrirá o vindeiro luns a piscina terapéutica do complexo polideportivo municipal da Gándara, operativa nos mesmos horarios e quendas que o vaso polivalente.
www.naron.es