Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, explicou que o período de tramitación destas axudas permanecerá aberto ata o 26 de outubro
Narón, 16 de outubro de 2023. O Concello de Narón abriu o prazo de solitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal correspondentes ao exercicio 2023. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o día 26 deste mes. Os clubs e entidades deportivas de ámbito municipal interesados en acollerse a esta liña de subvencións deberán cumprir os requisitos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón –publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, informou que a partida reservada para estas subvencións é de 80.000 euros. Poden optar a estas subvencións clubs e entidades deportivas, sen ánimo de lucro para o desenvolvemento das súas actividades no ámbito municipal. As subvencións deben solicitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, podendo consultar toda a información no enlace: https://tinyurl.com/ynn7svfa.
www.naron.es