Concello de Narón
Novas
UNHAS 900 PERSOAS ASISTIRÁN MAÑÁ Á "XXXIV GALA DO DEPORTE DE NARÓN" NO PAZO DA CULTURA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto e entregará o premio ao "Mellor Deportista de Narón do ano 2023"
Narón, 16 de novembro de 2023. O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá venres a celebración da trixésimo cuarta edición da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá este evento, ao que asistirán representantes da corporación local, entre eles o edil de Deportes, Ibán Santalla, deportistas da localidade e integrantes de clubes e entidades deportivas da cidade, así como amigos e familiares das persoas nominadas aos premios. Unhas 900 persoas acudirán a esta cita, que comezará ás 21.00 horas. No transcurso do acto procederase a desvelar o nome da persoa que resultou elixida por un xurado especializado na área deportes como “Mellor deportista do ano 2023”. Como é habitual nesta convocatoria, tamén se nomeará aos “Deportistas do ano” nas modalidades de: atletismo, automobilismo, automodelismo, baile deportivo e de competición, baloncesto, balonmán, boxeo savate, carreira de montaña, ciclismo, colombofilia, esgrima antiga, fútbol, fútbol sala, golf, judo, kárate, karting, kickboxing, motociclismo, natación, natación artística, pádel, piragüismo, rallye-slot, remo, silvestrismo, tenis de mesa, tiro con arco, tiro olímpico, tríatlon, voleibol, xadrez, ximnasia artística e rítmica. Haberá tamén mencións especiais para a “Mellor promesa”, “Mellor proxección deportiva”, “Mellor adestrador” e tamén pola premois polos logros deportivos individuais e colectivos acadados este ano, á “Mellor traxectoria deportiva”, por logros deportivos este ano, polo traballo e adicación ao deporte de Narón, ao “Mellor club” e, finalmente, a rexedora local entregará o premio ao/á “Mellor deportista de Narón do ano 2023”. O evento estará amenizado por varias actuacións.
www.naron.es