Concello de Narón
Novas
A PIACINA DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A CUARTA EDICIÓN DO "PROGRAMA AMAZONAS"
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento xunto con Javier Campos, presidente da Federación Galega de Tríatlon, e Arantxa Rivas, do Club Náutico Narón
Narón, 16 de novembro de 2023. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Javier Campos, presidente da Federación Galega de Tríatlon e Arantxa Rivas, do Club Náutico Narón, a cuarta edición do Programa Amazonas, impulsado pola Fegatri en colaboración co Concello, a Xunta de Galicia e a Federación Española de Triatlón (Fetri). A cita deportiva terá lugar este sábado na piscina do pavillón polideportivo da Gándara. O edil naronés indicou que participarán na convocatoria vinte e cinco mulleres, ao estar dirixida a deportistas femininas das categorías infantil, cadete e xuvenil e tamén a adestradoras con licenza Fegatri. O encontro comezará ás 16:30 horas e o remate está previsto para as 18:30 horas. As participantes poderán traballar, tal e como se indicou dende a organización, aspectos técnicos e tácticos, carreira a pé e natación. O presidente da Fegatri agradeceu “o apoio do Concello de Narón ao deporte feminino”. Así mesmo, Santalla destacou o gran número de deportistas da cidade que practican a día de hoxe diferentes modalidades deportivas e tamén valorou ás adestradoras e directivas de entidades deportivas “que a día de hoxe contribúen a enriquecer o tecido deportivo da nosa cidade”.
www.naron.es