Concello de Narón
Novas
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE XOVES O "IX TROFEO DE FÚTBOL SALA CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e Roberto Ortega, directivo do club Cidade de Narón, presentaron o evento
Santalla, e un dos integrantes da directiva do club de fútbol sala Cidade de Narón, Roberto Ortega, presentaron esta mañá o “IX Trofeo de fútbol sala Cidade de Narón”. O evento, tal e como indicaron, celebrarase este xoves, día 28, a partir das 21:30 horas nas instalacións co complexo polideportivo municipal da Gándara. O club local xogará co club de fútbol sala Pondedeume e a entrada é de balde. Ortega explicou que “quixemos corresponder ao club de Pontedeume, que tamén nos convidou a nós a xogar no seu concello durante as festas das Peras, e é un club amigo co que temos unha relación moi cordial”. O concelleiro de Deportes destacou a traxectoria do Cidade de Narón, actualmente en terceira nacional, e a súa labor, con equipos nas categorías dende biberón ata o primeiro equipo. “É un dos clubs de referencia na nosa cidade, en canto ao número de deportistas e tamén pola súa traxectoria no tempo”, asegurou Santalla, que lle desexou sortea os xogadores do club local neste evento.
www.naron.es