Concello de Narón
Novas
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XXIV TORNEO DE TENIS DE MESA CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, presentaron o evento
Narón, 27 de decembro de 2023. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, presentaron o “XXIV Torneo de tenis de mesa Cidade de Narón”. O evento celebrarase este domingo, día 30 no pavillón Campo da Serra, a partir das 9:00 horas e ata aproximadamente as 18:00 horas e no mesmo participarán preto dun centenar de persoas. Montero indicou que xogarán quince equipos, procedentes de diferentes localidades galegas e tamén doutras comunidades, como Cataluña. As categorías nas que se disputará o torneo son: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, absoluta, veteranos e tamén unha para persoas discapacitadas, tal e como indicaron dende a organización. O edil de Deportes animou á veciñanza a acudir a animar aos xogadores e xogadoras e destacou o traballo que realiza o club Tenis de Mesa Narón, “cunha canteira importante de xogadoras e xogadores e unha traxectoria moi consolidada dentro e fóra da nosa cidade”.
www.naron.es