Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
As inscricións poderán formalizarse no Rexistro Xeral ata o 1 de xuño. Haberá 12 prazas disponibles, e se sortearán entre os solicitantes.
Narón, 27 de Abril de 2012.- O Concello de Narón mantén aberto ata o venres 1 de xuño o prazo de solicitude para participar nos Campamentos Deportivos 2012 da Deputación de A Coruña. Os interesados poderán obter a documentación e formalizar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:30 horas, e os sábados de 9 a 13 horas. Tamén se pode obter información nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, e na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Estos campamentos foron solicitados pola Concellería de Deportes de Narón ó organismo provincial. A Deputación de A Coruña concedeu a Narón un total de 12 prazas, nas datas comprendidas do 1 ó 7 de xullo de 2012. Se o número de demandas supere á oferta, realizarase un sorteo público das prazas. As idades dos participantes estarán comprendidas entre os 9 e os 13 anos, e os que resulten elexidos abonarán 85€ como cota de participación na conta bancaria que no seu momento determine a Deputación, unha vez realizado o sorteo. A matrícula inclúe todos os gastos relacionados coa actividade: estadía, manutención, transporte interno para a realización das actividades, etc… O campamento levarase a cabo no Colexio Calvo Sotelo (rúa Archer Milton Huntington) de A Coruña. Os participantes poderán practicar deportes coma o golf, a vela de cruceiro, o tenis, e o volei praia. A organización recomenda levar o seguinte equipo: roupa interior, roupa de rúa (pantalóns, camisas, camisetas…), equipamento deportivo (chandal, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, e traxe de baño), toalla de baño, útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante), cantimplora, gorras e gafas para o sol, crema protectora para o sol, chuvasqueiro, e mochila. Para formalizar a inscrición, deberá entregarse no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación: 1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante. 2.- Unha fotografía tipo carné. 3.- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria. 4.- Fotocopia do Libro de Familia ou DNI. 5.- Copia de pagamento da cota de inscrición, posterior á confirmación da praza por parte do Concello. 6.- No suposto de que o neno/a debera ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
www.naron.es