Concello de Narón
Novas
IX TORNEO DE FÚTBOL SALA BASE 'CIDADE DE NARÓN'
Celébrase no pavillón de As lagoas do 7 ó 12 de maio.
Narón, 3 de Maio de 2012.- O Pavillón Polideportivo de As Lagoas acollerá o IX Torneo de Fútbol Sala Base ‘Cidade de Narón’ que se celebrará os días 7, 8, 9, 10, 11 e 12 de maio no seguinte horario: Luns 7 de maio: de 19:00 a 21:00 horas. Martes 8 de maio: de 18:00 a 20:00 horas. Mércores 9 de maio: de 19:00 a 21:00 horas. Xoves 10 de maio: de 18:00 a 21:00 horas. Venres 11 de maio: de 16:00 a 22:00 horas. Sábado 12 de maio: de 10:00 a 21:00 horas. Este torneo está organizado pola Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa “O Freixo” en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.
www.naron.es