Concello de Narón
Novas
PRESENTACIÓN DO II CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RALLY GAME
Se celebra do 18 ó 20 de maio no Circuito de Automodelismo do polígono de Río do Pozo.
Narón, 14 de Maio de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o Campionato de España de Rally Game, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de maio no Circuito de Automodelismo do polígono de Río do Pozo. En concreto, disputarase a II Proba deste campionato, co seguinte calendario: Venres 18 de 16:00 a 20:00 horas: Entrenamientos libres Sábado 19 de 10:00 a 20:00 horas: Entrenamentos clasificatorios Ás 18:00 horas: Superpole Domingo 20 de 10:00 a 14:00 horas: Subfinais e finais Este Campionato está organizado polo club Radiocontrol Narón de Automodelismo, cuxo presidente, Miguel Ortega, acompañou hoxe en rolda de prensa á delegada de Deportes de Narón. Natalia Hermida agradeceu o traballo desinteresado que ven facendo este clube dende que se construíu o circuito de radiocontrol de Río do Pozo, que o convertiron “nun referente galego. Foi unha inversión que pagou a pena” engadíu a Concelleira. O presidente do club RC Narón explicou que este é o segundo ano que se organiza unha probva destas características en Narón, na que participarán pilotos procedentes de toda España (de Canarias, Cataluña, Levante e País Vasco, entre outras localidades…). Tamén acudirán 7 pilotos do Clube Radiocontrol Narón. Un deles, Bruno Durán, participou tamén na rolda de prensa de hoxe, animando ó público a asistir a este campionato.
www.naron.es