Concello de Narón
Novas
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS QUE FINALIZARON O CURSO DE SOCORRISMO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA
Obtiveron a titulación de socorrista acuático profesional para traballar en piscinas e praias.
Narón, 22 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, o coordinador do GIAAS (Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo) da UDC, José Palacios, e o profesor do GIAAS, David Pérez, entregaron hoxe os diplomas ós 12 alumn@s que finalizaron con éxito o Curso de Socorrismo Acuático Profesional en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais. Este curso, realizado en Narón do 2 de marzo ó 22 de abril, foi impartido por profesores do GIAAS da Universidade da Coruña, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón, que cedeu as súas instalacións. Agora os alumnos que finalizaron con éxito este curso están xa capacitados para traballar de socorristas tanto en piscinas coma en praias. O Concello de Narón convocará proximamente outro curso de socorrismo, esta vez dirixido a praias con bandeiras azuis. E ten actualmente en marcha un curso de monitor de natación, para ofrecer máis formación á mocidade que esté interesada en formarse neste campo.
www.naron.es