Concello de Narón
Novas
XVIII CAMPIONATO DE PESCA, IV TORNEO DE SAN HUBERTO E III TORNEO DE RASTRO DE XABARIL
Organizados pola Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, se celebran os días 17 e 19 de maio.
Narón, 16 de maio de 2012.- O Couto do Río Grande de Xuvia acollerá mañá xoves 17 de maio o XVIII Campionato de Pesca ‘Cidade de Narón’, organizado pola Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia. Se desenvolverá en horario de 9:00 a 13:45 horas, en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. Os interesados en participar poden inscribirse nas instalacións da SCP Xuvia (Lugar da Igrexa, 3, San Xiao) ou ben por teléfono nos números: 981 387 809 / 615 055 041 / 618 766 262. Tamén a Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, en colaboración coa Federación Galega de Caza, e o Padroado de Deportes do Concello de Narón organizarán o vindeiro sábado 19 de maio o IV Torneo de San Huberto e o III Torneo de Rastro de Xabaril ‘Cidade de Narón’, puntuable para a Copa Galicia. Os participantes deberán concentrarse ás 8:00 horas no Mesón “A Trasanquesa” de Sedes, dende onde partirán ás 8:30 horas para comenzar a competición. Ás 15.00 horas está prevista a súa finalización, realizándose a clausura oficial e a entrega de premios no Mesón “A Trasanquesa”.
www.naron.es