Concello de Narón
Novas
A PISCINA DA GÁNDARA ACOLLE O XX TROFEO DE NATACIÓN 'CIDADE DE NARÓN'
Se disputará o sábado 2 de xuño coa participación de 250 nadadores.
Narón, 30 de maio de 2012.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara será o escenario elexido para a celebración do XX Trofeo de Natación 'Cidade de Narón' que se disputará o sábado 2 de xuño, baixo a organización do Club Náutico de Narón en colaboración co Padroado de Deportes de Narón. A delegada municipal de Deportes, Natalia Hermida, presentou en rolda de prensa o evento, acompañada pola presidenta e o adestrador do club naronés, María José Suárez e Amando Guerrero. Un total de 12 clubes participarán neste trofeo, agrupando a perto de 250 nadadores entre os que destaca a participación por primeira vez do CN Liceo de A Coruña. A nivel individual entre os nadadores de Ferrolterra destacan: Marcos García, Nerea López, Laura Santalla (CN Ferrol), Estela Porta e Bábara Cabadas (Club Marina), Raquel Fernández, Marina Filgueira, Lorenzo Ortíz, e Migue Gracia (Club Náutico de Narón). A competición desenvolverase en doble sesión, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Se disputarán as seguintes probas: 200 libres, mariposa, espalda e relevo de 4 x 50 libres, 200 estilos, braza e crol, e relevo de 4 x 50 estilos. O Club Nautico Narón, organizador do evento, entregará premios especiales á mellor marca individual, tanto en categoría masculina coma feminina (X Memorial Javier Lago) e á mellor marca individual masculina e feminina (VIII Trofeo Náutico de Narón).
www.naron.es