Concello de Narón
Novas
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL Ó CLUBE DE FÚTBOL DE SAN MATEO POLO SEU ASCENSO A 2ª DIVISIÓN REXIONAL AUTONÓMICA
O Alcalde e a Concelleira de Deportes distinguiron ó equipo por ter subido de categoría.
Narón, 11 de xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado da Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, ofreceu o pasado sábado 9 de xuño unha recepción institucional ós xogadores e ó equipo técnico e directivo do Club de Fútbol de San Mateo, por ter acadado o ascenso á 2ª División Rexional Autonómica de Fútbol. Os xogadores recibiron unha praca conmemorativa, e entregaron ó Alcalde e á Concelleira de Deportes sendas camisetas do clube dedicadas. O acto tivo lugar na Sala de Prensa do Concello de Narón.
www.naron.es