Concello de Narón
Novas
SINATURA DUN CONVENIO CO CLUB ACORDES DE XIMNASIA RITMICA
Narón, 15 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta do Club Acordes Narón de Ximnasia Rítmica, Izaskun Hernaez López, asinaron hoxe un convenio de colaboración que estará en vigor durante todo este ano 2012, e que supón unha achega económica de 16.000€ a este club deportivo por parte do Concello de Narón. Na firma do acordo tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. O Concello pretende apoiar así a presenza deste club local de certa envergadura, que emprega as instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal de A Gándara para os seus entrenamentos e mesmo competicións. O Club Acordes tamén poderá utilizar o material do que está dotada a instalación para a práctica deportiva.
www.naron.es