Novas
 
A ALCALDESA VISITOU AOS INTEGRANTES DA SELECCIÓN VENEZOLANA DE ATLETISMO E TENIS DE MESA CONCENTRADOS NA CIDADE ANTES DAS OLIMPÍADAS DE TOKIO
Marián Ferreiro desprazouse ata o Estadio de Río Seco, donde se reuniron os deportistas, xunto co edil de Deportes, José Oreona
Narón, 15 de xullo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse onte ao Estadio Municipal de Río Seco para reunirse cos integrantes da selección venezolana paralímpica de atletismo e tenis de mesa que están concentrados estas semanas na cidade, previa asistencia ás Olimpíadas de Tokio (Xapón) que se desenvolverán dende o 24 de agosto ata o 5 de setembro. Ferreiro e Oreona agradeceron a implicación do Club de Atletismo Narón e do Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, que estes días acompañan tamén aos deportistas venezolanos.
Unha trintena de persoas integran a delegación venezolana de atletismo e tenis de mesa, que realiza estes días os seus adestramentos nas instalacións municipais de Río Seco e no local do Club Tenis de Mesa en Santa Icía. O colectivo destacou durante a visita a calidade das instalacións deportivas da cidade.
Pola súa banda, a alcaldesa e o edil de Deportes deron a benvida á cidade á comitiva venezolana, á que desexaron que desfrute da súa estancia e tamén que aproveite ao máximo as instalacións municipais para adestrar e lograr uns bos resultados nas olimpíadas de Tokio, nas que lles desexaron moitos éxitos.



Últimas noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS E ACTIVIDADES CONVENIADAS E DE CLUBS NO PADROADO DE DEPORTES ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA O "I TORNEO CONCELLO DE NARÓN" DE BALONCESTO FEMININO
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XXVII TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "III TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal